Dereito Administrativo

O despacho ten unha dilatada experiencia na litigación contencioso-administrativa e no asesoramento ao sector público fundacional e corporativo, tendo asumido a asesoría xurídica de varios colexios profesionais a nivel de Galicia. Os nosos profesionais teñen atendido unha ampla diversidade de actividades sectoriais administrativas, desde a Función Pública, Ordenación e Disciplina Urbanística, Expropiación Forzosa, Contratación Pública, Tráfico e Seguridade Vial, Subvencións, Educación e Investigación Universitaria, á Sanidade Animal e Seguridade Alimentaria.

Dereito Civil

Os avogados de Praza Avogados acreditan plena solvencia na solución e defensa dos seus clientes nas distintas especialidades propias do Dereito Privado, desde o que atinxe ás relacións persoais (familia e sucesións); inmobiliario, tanto no proceso edificatorio (vicios da construción, contratación) como na xestión arrendaticia ou o asesoramento ás Comunidades de Propietarios; reclamacións de danos, indemnizacións derivadas de accidentes de tráfico; Dereito Civil de Galicia, Dereitos reais, etc…

Dereito Mercantil

Somos especialistas no asesoramento de empresa, operacións societarias e xestión dos conflitos xurídicos e económicos habituais desde a súa constitución até o deseño preventivo da actividade empresarial (compliance) ou o concurso empresarial. Estamos presentes na xestión e órganos de goberno de fundacións e demais entidades sen ánimo de lucro.

Desde Praza Avogados asumimos a defensa dos nosos clientes nos conflitos frente a entidades financeiras e somos membros da rede estatal “ActívaT abogad@s”, coa que deseñamos e coordinamos o exercicio de accións colectivas.

Dereito Laboral

Contamos con ampla experiencia en todo tipo de asuntos (despedimentos, modificacións, negociación de convenios, etc…), contratación e desvinculacións (incluídas as de directivos), medidas de flexibilidade interna, prevención de riscos laborais e xestión de accidentes, a cuxo fin podemos realizar calquera xestión ante os organismos públicos competentes na orde social e actuar en todo tipo de procedementos laborais.

Dereito Penal

Praza Avogados asume a defensa dos dereitos dos seus clientes na xurisdición penal significadamente naqueles relativos ás súas áreas de especialización, tales como delitos contra o patrimonio e a orde socio-económica, contra a ordenación do territorio, Administracións Públicas, propiedade intelectual e industrial ou contra as relacións familiares.